Cambiar a idioma galego Cambiar a idioma español Cambiar a idioma italiano

Cervo

Taboleiro de anuncios

Calendario

Cervo empresarial

Zona industrial

Festas patronais

Festas gastronómicas

Ocio en Cervo

Imaxes do Concello

Teléfonos de interese

Medio ambente

Climatoloxía

Cómo chegar

Benvida do alcalde

Corporación e órganos de goberno

Servicios municipais

Descargas

Enlaces de interese

Información turística

Festas de interese

Aloxamentos

Comer en Cervo

Ónde comprar

Visitas turísticas

Turismo cultural

Transporte

Instalacións deportivas
PROGRAMA DE
COMPOSTAXE DOMÉSTICA
 
Historia
ACTIVIDADE ECONOMICA NO CONCELLO DE CERVO

En canto a actividade económica, un dos factores máis relevantes de Cervo é a diversificación da sua base económica. Así, o concello conta cunha zoa costeira industrializada, turística e activa, fronte a unha zoa interior agrícola-gandeira e menos dinámica.

Polo que se refire o sector primario, a agricultura aséntase na zoa interior, ainda que o porcentaxe de terras adicada ó labradío é escasa (3.74%). A superficie adicada a prados e forraxes, serva para sustenta-la cabaña bovina, porcina e equina, que en conxunto ofrece escasa relevancia.

Polo que se refire a explotación forestal, hai unha gran superficie adicada a plantación e explotación de dúas especies: o eucalipto e o pino. A aportación económica deste subsector é moi importante como complemento da economía familiar.

O nacemento e despegue industrial deste concello tuvo moito que ver coa existencia de arcillas e caolín na zoa. A súa explotación permitíu a creación dunha industria derivada, como son as fábricas de ladrillos, tellas e sobre todo louza; cuia máxima representación correspondería a Sargadelos, fundada por Raimundo Ibañez no século XVIII.

Na actualidade, a principal industria é a empresa ALCOA EUROPE S.A., asentada nos concellos de Cervo e Xove, que absorbe un importante volume de man de obra (1700 persoas) e xenera un apreciable efecto multiplicador no concello e máis concretamente no núcleo urbán de San Cibrao.

Xunta a factoría construíuse un porto que move anualmente dous millóns setecental mil Toneladas de mercancías, sendo os principais productos a bauxita, utilizada como materia prima, e o aluminio, que conforma a materia elaborada.

A pesca experimentou un notable descenso. San Cibrao ten trinta barcos na súa cofradía e as súas ventas en lonxa suman 58 Toneladas o que supon uns ingresos de 170.460 Euros anuais. O sector terciarios concéntrase en dous núcleos urbáns, os mais importantes: Cervo e San Cibrao. Este último experimentou unha grande auxe nos últimos tempos non só pola industrialización, senon tamén polo seu potencial turístico.

Baixo esta óptica, é lóxico pensa que as futuras empresas que se implanten no Parque Empresarial atraerán poboación de fora do concello, producíndose un incremento de poboación.

Tamén hai que ter en conta que o desenrolo do sector industrial conlevará o despeque do sector servicios, sendo este outro factor que pode favorecer o crecemento da poboación no concello.

PARQUE EMPRESARIAL NAS INMEDIACIONES DA FACTORIA ALCOA S.A.

A efectos de identificar eevaluar todo-los condicionantes que poden afectar á creación do novo Parque Empresarial, o Concello de Cervo encargou un estudio pormenorizado sobre a área na que se prevé ubica-lo citado Parque.

Entre outros, este estudio desenrólase nos seguintes apartados:

Situación

O área prevista para a ubicación do Parque Empresarial, sitúase na zona noroeste do concello de Cervo, lindando polo norte conel comprexo industrial de ALCOA S.A. y polo oeste co Concello de Xove.

Infraestructuras de comunicacions

O área no que se emplazará o futuro Parque Empresarial encontrase limitada o norte polo trazado do ferrocarril, ó sur pola estrada C-642/N-642, o oeste polo límite co Concello de Xove e o leste pola carretera da Diputación do Gioncho a Lieiro. Ademais o futuro emprazamento encóntrase atravesado pola estrada autonómica LU-142, que forma parte xunto coa estrada N-642 do acceso o porto de San Cibrao. En definitiva o emprazamento do futuro Parque Empresarial, encóntrase enclavado entre as principais comunicacións que atravesan o Concello de Cervo.

As comunicacións do Parque, serán melloradas notablemente no futuro coa execución da vía de alta capacidade Ferrol-Barreiros (actualmente en fase de estudio informativo).

O Ferrocarril (Línea Ferrol-Xixón) limita polo norte o ámbito do Parque empresarial, o que permitiría, en función das necesidades, utilizar este medio de transporte.

O futuro Parque Empresarial queda desconectado do porto de ALCOA S.A., considerándose importante vinculalo futuro Parque Empresarial co porto, mediante a creación dos correspondentes accesos.

Delimitación do ámbito do parque empresarial 

O ámbito do Parque Empresarial conta cunha superficie de 132,82 has. Dentro da área susceptible de urbanización elixiuise o ámbito comprendido entre a estrada N-642/C-642, a estrada da Diputación a Lieiro, o ferrocarril e o límite co veciño Concello de Xove.

A elección deste emprazamento obedece fundamentalmente a criterios técnicos, funcionais e de imaxen, xa que admite:

  • A formación dunha amplia fachada con frente a nacional N-642 e a estrada LU-142 que atravesa polo centro o ámbito do futuro Parque.
  • A conexión do Parque có ferrocarril.
Alternativa de novo ámbito de carácter supramunicipal 

Como se expón no estudio de viabilidade, o futuro Parque Empresarial de Cervo, queda desconectado do Porto. Por outra parte o Plan Xeral de Ordenación Municipal do veciño Concello de Xove, estabrece unha reserva viaria para o acceso o Porto dende a C-642 e reserva espacio destinado a usos industriais en torno a pranta de Alúmina.

Por todo isto proponse unha sulución de carácter supramunicipal que permita a creación dun cinturón industrial en torno a pranta de ALCOA S.A. e a conexión do Parque Empresarial de Cervo co porto, a través da reserva viaria prevista en Xove.

Con todo isto pronponse a creación dun gran centro industrial vinculado o Porto.

Situación do futuro parque empresarial en torno a pranta de Alcoa, e situación do actual Polígono Industrial de Cuiña.


Distribución de Empresas no actual Polígono Industrial de Cuiña.

Hai un problema con este bloque.

PORTAL DE TRANSPARENCIA

CERVO
O MUNDO DO MAR
O MUNDO DA INDUSTRIA
O LEGADO DA HISTORIA
O RIO XUNCO
PATRIMONIO RELIXIOSO
Ecomuseo - Terras de azul cobalto

Predicción Climatolóxica
Predicción do Tempo
Comune di Cervo (Italia)
Comune di Cervo (Italia)
Documentos
piccervo
Perfil do Contratante