Cambiar a idioma galego Cambiar a idioma español Cambiar a idioma italiano

Cervo

Taboleiro de anuncios

Calendario

Cervo empresarial

Zona industrial

Festas patronais

Festas gastronómicas

Ocio en Cervo

Imaxes do Concello

Teléfonos de interese

Medio ambente

Climatoloxía

Cómo chegar

Benvida do alcalde

Corporación e órganos de goberno

Servicios municipais

Descargas

Enlaces de interese

Información turística

Festas de interese

Aloxamentos

Comer en Cervo

Ónde comprar

Visitas turísticas

Turismo cultural

Transporte

Instalacións deportivas
PROGRAMA DE
COMPOSTAXE DOMÉSTICA
 
Historia
Visitas Turisticas

A parroquia de Sargadelos é un lugar de visita obrigada, pois nela se atopan a Cerámica de Sargadelos (de recoñecemento internacional) e os restos das antigas fábricas de fundición e louza, fundadas por Raimundo Ibáñez, marqués de Sargadelos. A nova fábrica de cerámica creada no lugar foi integrada, mediante a súa arquitectura, na paisaxe natural; esta nova instalación, os restos das antigas fábricas e o museo, onde se conservan valiosas mostras de cerámica nas súas distintas etapas, foron declarados Conxunto Histórico-Artístico; ademais disto, no entorno deste conxunto, pódense contemplar numerosas casas de arquitectura rural, como son o Pazo da Administración e o Pazo do Marqués de Sargadelos (século XVIII), que actualmente pertence á familia Taladrid; a presa do río Xunco; o Paseo dos Namorados e o Camiño Real, que vai dende Cervo ata as antigas fábricas; todo isto enmarcado nunha frondosa vexetación e nunha paisaxe suxestiva.
Hai que sinalar finalmente, en relación con esta parroquia, as “Experiencias Cerámicas” que teñen lugar cada ano no mes de agosto; estas experiencias son uns prestixiosos encontros internacionais nos que os seus participantes dedican un mes completo á investigación artística, todo isto nun marco idóneo para tal actividade: as instalacións da Cerámica de Sargadelos.

Na parroquia de Cervo podemos visitar o seu casco urbano que se estructura ó redor dunha praza tradicional e no cal abundan as casas de pedra coidadosamente restauradas e as rúas empedradas; podemos, ademais, gozar de excursións a cabalo que parten desta vila e que percorren parte do Concello. En definitiva, Cervo é un pequeno lugar cun gran encanto.

Finalmente cómpre destacar o atractivo turístico de San Cibrao, vila mariñeira que, xunto coa capital do municipio, é o núcleo de poboación máis importante. A vila atópase rodeada de extensas praias, entre as que destacan a do Torno, a de Cubelas e a da Caosa (as dúas primeiras son galardoadas anualmente coa Bandeira Azul da U.E.). O seu porto pesqueiro entraña riqueza e constitúe parte da historia deste lugar; a importancia que ten o mundo da pesca reflíctese na existencia dun Museo do Mar, único na provincia de Lugo. Neste museo, situado no antigo grupo escolar, expóñense pezas relacionadas coas distintas modalidades de navegación e pesca, así como buguinas, cunchas, ósos de baleas, arpóns, maquetas de barcos, fotografías, etc.
É de especial beleza o faro desta vila, que se sitúa na Atalaia, rodeado dunha área recreativa dende a que se poden ver os Farallóns, tres illas nas que se orixina a máis famosa lenda do lugar e que están incluídas na ‘Relación de Espacios Naturais’ da provincia de Lugo. Por último, San Cibrao pode presumir dun pasado destacado e, como mostra, pódense visitar a ponte de orixe medieval que cruza o río Covo e as antigas fábricas de salgadura.

Hai un problema con este bloque.

PORTAL DE TRANSPARENCIA

CERVO
O MUNDO DO MAR
O MUNDO DA INDUSTRIA
O LEGADO DA HISTORIA
O RIO XUNCO
PATRIMONIO RELIXIOSO
Ecomuseo - Terras de azul cobalto

Predicción Climatolóxica
Predicción do Tempo
Comune di Cervo (Italia)
Comune di Cervo (Italia)
Documentos
piccervo
Perfil do Contratante