Cambiar a idioma galego Cambiar a idioma español Cambiar a idioma italiano

Cervo

Taboleiro de anuncios

Calendario

Cervo empresarial

Zona industrial

Festas patronais

Festas gastronómicas

Ocio en Cervo

Imaxes do Concello

Teléfonos de interese

Medio ambente

Climatoloxía

Cómo chegar

Benvida do alcalde

Corporación e órganos de goberno

Servicios municipais

Descargas

Enlaces de interese

Información turística

Festas de interese

Aloxamentos

Comer en Cervo

Ónde comprar

Visitas turísticas

Turismo cultural

Transporte

Instalacións deportivas
PROGRAMA DE
COMPOSTAXE DOMÉSTICA
 
Historia
Historia

Os territorios que actualmente abrangue o Concello de Cervo estaban inscritos no Antigo Réxime ás xurisdiccións de San Cibrao e ó couto redondo (C.R.) de Burela; pertencendo ambas xurisdiccións á provincia de Mondoñedo.

As distribucións territoriais, naquel momento, eran as seguintes:
 

Xurisdiccions
Parróquias
Señorío
Burela C.R. Burela S.S. e X.O. por don Joseph Ignacio Quiroga
San Cibrao Castelo Ab. e X.O. polo Rvdo. obispo de Mondoñedo
San Cibrao  Cervo Ab. e X.O. polo Rvdo. obispo de Mondoñedo 
San Cibrao  Lieiro  Ab. e X.O. polo Rvdo. obispo de Mondoñedo 
San Cibrao  Rúa  Ab. e X.O. polo Rvdo. obispo de Mondoñedo 
San Cibrao  Sargadelos  Ab. e X.O. polo Rvdo. obispo de Mondoñedo 
San Cibrao  Vilaestrofe  Ab. e X.O. polo Rvdo. obispo de Mondoñedo 

 
Na primeira división de Galicia en concellos constitucionais, da que resultaron un total de 634 concellos, os actuais terreos deste Concello aparecen representados polo ‘Concello de Cervo’, que pertencía ó partido de Viveiro.

No 1822 fíxose a división de Galicia por provincias e o Concello de Cervo segue pertencendo ó partido de Viveiro, adscribíndose á provincia de Lugo.

No BOP de Lugo núm. 163, do 22 de novembro de 1835, publicouse un novo listado (asinado polo Marqués de Astaríz e con data 20-12-1835) no que figuran dous Concellos diferentes: o Concello de San Cibrao e o Concello de San Xulián de Nois; o primeiro incluía as parroquias de Castelo, Cervo, Lieiro, Rúa, Sargadelos e Vilaestrofe e o segundo incluía a parroquia de Santa María de Burela.

No BOP de Lugo núm. 88, do 18 de outubro de 1840, publicouse unha circular da Xunta de Goberno Provisoria de Lugo (de data 09-10-1840), pola cal se produciu unha nova reforma da división xudicial e municipal da provincia. En virtude desta circular, créase no partido xudicial de Viveiro o novo Concello de Cervo, que recolle o anterior Concello de Cervo e fai desaparecer o de Nois (deste xeito, a parroquia de Burela pasa a pertencer ó Concello de Cervo).

Xa que logo, dende o 1840 o Concello de Cervo estivo integrado polas seguintes parroquias: Castelo, Cervo, Burela, Lieiro, Rúa, Sargadelos e San Román. Esta situación mantívose invariable ata que, no ano 1994, a parroquia de Burela iniciou os trámites para segregarse como concello independente; este proceso finalizou no 2002, coa sinatura dun convenio entre a Xunta de Galicia, o Concello de Cervo e o novo Concello de Burela.

Hai un problema con este bloque.

PORTAL DE TRANSPARENCIA

CERVO
O MUNDO DO MAR
O MUNDO DA INDUSTRIA
O LEGADO DA HISTORIA
O RIO XUNCO
PATRIMONIO RELIXIOSO
Ecomuseo - Terras de azul cobalto

Predicción Climatolóxica
Predicción do Tempo
Comune di Cervo (Italia)
Comune di Cervo (Italia)
Documentos
piccervo
Perfil do Contratante