Cambiar a idioma galego Cambiar a idioma español Cambiar a idioma italiano

Cervo

Taboleiro de anuncios

Calendario

Cervo empresarial

Zona industrial

Festas patronais

Festas gastronómicas

Ocio en Cervo

Imaxes do Concello

Teléfonos de interese

Medio ambente

Climatoloxía

Cómo chegar

Benvida do alcalde

Corporación e órganos de goberno

Servicios municipais

Descargas

Enlaces de interese

Información turística

Festas de interese

Aloxamentos

Comer en Cervo

Ónde comprar

Visitas turísticas

Turismo cultural

Transporte

Instalacións deportivas
PROGRAMA DE
COMPOSTAXE DOMÉSTICA
 
Historia
Festas de interese Turístico

MERCADO TRADICIONAL

LUGAR : Praza do Souto, Cervo
DATA : 
Sábado seguinte ó 16 de agosto. Por la mañá.

Esta celebración, que ten unha duración de un día, vai neste ano pola súa VI edición. O Mercado Tradicional instálase na Praza do Souto e nel participan todos os veciños, que se visten con roupas tradicionais e instalan os seus propios postos con productos da zona: mel, froita, pan, doces caseiros, etc. Acoden ó mercado, ademais, artesáns ceramistas, cesteiros, etc.

 

FEIRA DO GALO DE CURRAL

LUGAR : Praza do Souto, Cervo
DATA : 3º domingo do mes de Nadal.

Esta actividade, da que se vai celebrar a súa VII edición, xurdiu co ánimo de recuperar unha antiga feira que se celebraba na vila e na que se vendían cebóns (xato de poucos meses cebado); como a recuperación desta feira non foi posible, organizouse a Feira do Galo de Curral, que ten o obxectivo de non perder o costume da crianza destes animais e de recuperar a venda de galos nas feiras.

 

FESTA DA MALLA

LUGAR : A Senra, Cervo
DATA : Finais de agosto.

Este ano vaise celebrar a III edición da festa da malla, coa que se pretende recuperar unha das tradicións máis importantes da antiga sociedade rural galega.

 

DÍA DO TURISTA

LUGAR : San Cibrao
DATA : 1º sábado de agosto.

Esta festa ten a finalidade de dar a benvida ós turistas que nos visitan en agosto e despedir ós que nos visitaron en xullo; ó longo de todo o día hai diferentes actividades coas que se pretende animar ós turistas e veciños: regata de chalanas, concurso de pesca, concurso de castelos de area, elección da Miss Turismo, degustación de empanada, bolos preñados e viño do país, verbena, etc.

 

MOSTRA FOLCLÓRICA INTERNACIONAL

LUGAR: San Cibrao
DATA : cerca do 16 de xullo.

A Mostra folclórica internacional, ten lugar un dos días das Festas Patronais da Virxe do Carme, que se celebra o 16 de xullo. Nesta mostra participan anualmente diversos grupos folclóricos nacionais e internacionais, que interpretan diversos bailes representativos da súa tradición e cultura.

 

Hai un problema con este bloque.

PORTAL DE TRANSPARENCIA

CERVO
O MUNDO DO MAR
O MUNDO DA INDUSTRIA
O LEGADO DA HISTORIA
O RIO XUNCO
PATRIMONIO RELIXIOSO
Ecomuseo - Terras de azul cobalto

Predicción Climatolóxica
Predicción do Tempo
Comune di Cervo (Italia)
Comune di Cervo (Italia)
Documentos
piccervo
Perfil do Contratante