Cambiar a idioma galego Cambiar a idioma español Cambiar a idioma italiano

Cervo

Taboleiro de anuncios

Calendario

Cervo empresarial

Zona industrial

Festas patronais

Festas gastronómicas

Ocio en Cervo

Imaxes do Concello

Teléfonos de interese

Medio ambente

Climatoloxía

Cómo chegar

Benvida do alcalde

Corporación e órganos de goberno

Servicios municipais

Descargas

Enlaces de interese

Información turística

Festas de interese

Aloxamentos

Comer en Cervo

Ónde comprar

Visitas turísticas

Turismo cultural

Transporte

Instalacións deportivas
PROGRAMA DE
COMPOSTAXE DOMÉSTICA
 
Historia
Festas declaradas de interese Turístico

QUEIMADA POPULAR
LUGAR : Praza do Souto, Cervo
DATA :  Sábado siguinte ó 16 de agosto.

A Queimada Popular de Cervo foi declarada no 2001 “Festa Galega de Interese Turístico” e vai xa a pola súa XXVIII edición. Nesta celebración faise unha representación teatral que cambia anualmente e que sempre ten o mesmo fío argumental: o triunfo do ben sobre o mal. A festa comeza pola noite, coa baixada dos ‘actores’ dende as Escola Vellas ata a praza, acompañados co son das gaitas que interpretan o Himno do Antigo Reino de Galicia e alumeados con potes de queimada e con fachos; na praza ten lugar un enfrontamento entre o ben (representado polo Bruxo) e o mal (representado por bruxas, meigas, demos e outros seres malignos do inferno) no que o baile e a música teñen un papel destacado, este enfrontamento remata co esconxuro que o bruxo fai do mal e co reparto gratuíto de litros e litros de queimada.

-
MARUXAINA

LUGAR : San Ciprian
DATA : Segundo sábado de Agosto

Maruxaina é o nome da protagonista da lenda máis famosa desta vila; esta festa, coa que se pretende manter viva a lenda, celébrase dende o 1985 e no 2002 foi declarada Festa de Interese Turístico. A lenda conta que nos Farallóns vive un ser (metade peixe e metade muller) que ten por costume tocar o corno; algúns veciños pensan que o fai con boas intencións (avisalos da proximidade dun temporal) e outros pensan que o fai por mal (para tolealos e que embarranquen nos Farallóns). A celebración comeza pola mañá, coa xuntanza de todos os veciños na praza da vila vestidos ó xeito dos mariñeiros antigos (eles con pantalón de mahón azul, camisa branca e boina; elas con saias longas, mandís, camisa e pano na cabeza, todo en cores de loito); percórrense as rúas da vila co son das gaitas e dos cornos; baixase á praia para comer e pola tarde celébranse xogos populares; pola noite apáganse todas as luces da vila e baixase á praia, onde se espera a chegada da Maruxaina, que é traída dende os Farallóns nas chalanas; lévase á praza, onde se representa un xuízo no que os veciños deciden se queimala ou indultala; ano tras ano é indultada e para celebralo iniciase unha gran festa, na que se reparten miles de litros de queimada.

 

-
Hai un problema con este bloque.

PORTAL DE TRANSPARENCIA

CERVO
O MUNDO DO MAR
O MUNDO DA INDUSTRIA
O LEGADO DA HISTORIA
O RIO XUNCO
PATRIMONIO RELIXIOSO
Ecomuseo - Terras de azul cobalto

Predicción Climatolóxica
Predicción do Tempo
Comune di Cervo (Italia)
Comune di Cervo (Italia)
Documentos
piccervo
Perfil do Contratante