Cambiar a idioma galego Cambiar a idioma español Cambiar a idioma italiano

Cervo

Taboleiro de anuncios

Calendario

Cervo empresarial

Zona industrial

Festas patronais

Festas gastronómicas

Ocio en Cervo

Imaxes do Concello

Teléfonos de interese

Medio ambente

Climatoloxía

Cómo chegar

Benvida do alcalde

Corporación e órganos de goberno

Servicios municipais

Descargas

Enlaces de interese

Información turística

Festas de interese

Aloxamentos

Comer en Cervo

Ónde comprar

Visitas turísticas

Turismo cultural

Transporte

Instalacións deportivas
PROGRAMA DE
COMPOSTAXE DOMÉSTICA
 
Medio ambiente
DIVERSIDADE BIOLÓXICA

A diversidade é a variable dos organismos vivos de calquera procedencia, incluídos os ecosistemas terrestres e sistemas acuáticos, así coma os complexos ecolóxicos dos que forman parte. A perda de diversidade biolóxica é unha das crises que máis pesan no mundo, e a preocupación sobre o estado dos recursos biolóxicos, dos cales depende significativamente a vida humana, está aumentando.
Moitas especies están diminuíndo a niveis poboacionais críticos, e hábitats importantes foron destruídos, fragmentados e degradados. Sen embargo, é maior a conciencia sobre o xeito en que a diversidade biolóxica sustenta os medios de subsistencia e permite o desenvolvemento sostible e a cooperación alentadora entre nacións.
A Subdirección Xeral de Medio Ambiente Natural, Caza e Pesca Fluvial ten atribuídas, entre outras, as competencias en canto a programación, seguimento e avaliación das actuacións encamiñadas á conservación, restauración e xestión dos espacios naturais, da flora e da fauna silvestre; a aplicación da normativa sobre protección de animais domésticos e salvaxes en catividade e a utilización socio-recreativa do medio natural; do mesmo xeito, encárgase das funcións que a Comunidade Autónoma de Galicia ten asignadas en materia de protección da costa e dos ecosistemas litorais.

Vexetación
O Concello de Cervo presenta dous sectores claramente identificables: a costa e o interior; esta variedade de hábitats permite a existencia de diversos ecosistemas. Destacan, por unha banda, as turberas das zonas altas do Xistral, onde hai endemismos e vexetación de gran valor ecolóxico, e por outro lado as masas boscosas dominantes debido ás repoboacións forestais de pinos e eucaliptos, que nalgúns lugares como Chavín (Viveiro) resultan espectaculares, e que foron substituíndo ó bosque autóctono; tamén quedan restos de madroños xa cara á costa, loureiros e sobre todo monte baixo, matagueira e/ou prados aproveitados para a crianza de gando cabalar, vacún e ovino. Outras comunidades de menor importancia pola pequena extensión que ocupan en conxunto son as asociadas ós pequenos regatos que atravesan a zona e ás áreas de abundante pedregosidade superficial.
 Fauna
A composición da fauna vertebrada en Galicia ven determinada pola súa posición xeográfica (encrucillada entre dous mares), pola súa variada orografía e pola evolución climática. O illamento do territorio galego facilitou a aparición de poboacións diferenciadas ou endemismos, proceso que se aprecia especialmente nos grupos con escasa capacidade de propagación, como anfibios e réptiles.
Actualmente, existen en Galicia especies eurosiberianas maioritariamente, onde encontran o límite suroccidental da súa distribución, así como especies de orixe claramente africano e endemismos propios de Galicia e da Península Ibérica. É destacable a importancia da situación de Galicia para a migración de moitas especies de aves, ben como ruta de paso ou como área de invernada ou estiada. A humanización do medio na zona de estudio, cós cambios que produce (repoboacións forestais, apertura de pistas, incendios, etc..) causan a aparición e desaparición de hábitats cos conseguintes cambios na distribución e abundancia de especies e nas relacións entre estas.
En Galicia atópanse como residentes ou nidificantes un total de 262 especies de vertebrados, dos cales 12 son peixes de augas continentais, 15 son anfibios, 24 réptiles, 152 aves e 59 mamíferos. A estes hai que engadirlles as 296 especies mariñas listadas no inventario ambiental galego.
No que ó Concello de Cervo se refire, a franxa costeira presenta abundancia de aves acuáticas, especialmente durante a época invernal e nos desprazamentos migratorios, así como aves rapaces e lavandeiras. Nas zonas montañosas, o lobo ibérico ten o seu hábitat, alimentándose do gando que pasta libremente polos montes comunitarios. E entre as especies fluviais destacan a troita común, a lamprea e o reo.
Volver a la Pantalla Anterior
Hai un problema con este bloque.

PORTAL DE TRANSPARENCIA

CERVO
O MUNDO DO MAR
O MUNDO DA INDUSTRIA
O LEGADO DA HISTORIA
O RIO XUNCO
PATRIMONIO RELIXIOSO
Ecomuseo - Terras de azul cobalto

Predicción Climatolóxica
Predicción do Tempo
Comune di Cervo (Italia)
Comune di Cervo (Italia)
Documentos
piccervo
Perfil do Contratante