Cambiar a idioma galego Cambiar a idioma español Cambiar a idioma italiano

Cervo

Taboleiro de anuncios

Calendario

Cervo empresarial

Zona industrial

Festas patronais

Festas gastronómicas

Ocio en Cervo

Imaxes do Concello

Teléfonos de interese

Medio ambente

Climatoloxía

Cómo chegar

Benvida do alcalde

Corporación e órganos de goberno

Servicios municipais

Descargas

Enlaces de interese

Información turística

Festas de interese

Aloxamentos

Comer en Cervo

Ónde comprar

Visitas turísticas

Turismo cultural

Transporte

Instalacións deportivas
PROGRAMA DE
COMPOSTAXE DOMÉSTICA
 
Historia
Información Turistica

O termo municipal de Cervo está situado nas denominadas Rías Altas, ó norte da provincia de Lugo. O municipio, formado por seis parroquias, está bañado polo Mar Cantábrico. Por isto, é necesario destacar a localidade de San Cibrao (chamada Península da Paz), rodeada de finos e brancos areais, como as praias do Torno e Cubelas (recoñecidas ano tras ano coas bandeiras azuis da U.E. ). É digno destacar o seu porto pesqueiro, que nos séculos XIV e XV construía carabelas e alimentaba unha fábrica de salgadura, da cal aínda podemos contemplar os seus restos (coñecidos como Castelo Mariño). Na parte superior da zona recreativa desta localidade, a Atalaia, preside o Faro que vixía no horizonte as míticas Illas dos Farallóns, berce da lenda da Maruxaina (a súa historia é representada anualmente nunha festa tipicamente popular). Os paseos empedrados bordean os seus exquisitos areais dándolle á vila un aire tradicional mesturado, ó mesmo tempo, con modernidade.
Cómpre, tamén, destacar o areal de Rueta (Praia das Areas Gordas) situado na parroquia de Cervo. Cervo, capitalidade do municipio, está presidido pola Casa do Concello, construcción recente aínda que realizada acorde co resto de construccións, entre as que destaca o Casco Antigo. Entre os múltiples actos que se realizan na restaurada Praza do Souto destacan o Mercado Tradicional e a xa consolidada Queimada Popular, que congrega a miles de persoas.
Unha das visitas obrigadas de todo aquel que visite o noso termo municipal é o paseo polo Parque Natural de Sargadelos, sito como o seu propio nome indica en dita parroquia. Dende Cervo pódese acceder a Sargadelos mediante un pracenteiro paseo polo Camiño Real bordeando o Río Xunco e contemplando diversas fervenzas e muíños de auga. Unha vez chegados ás inmediacións do Parque Natural de Sargadelos, os suxestivos paisaxes invaden a vista do tranquilo verdor, destacando o Conxunto Histórico Patrimonial, cos restos das Antigas Fundicións e Fábricas de Louza, fundadas por Antonio Raimundo Ibáñez, Marqués de Sargadelos, no século XVIII. Neste enclave natural pódese camiñar polo Paseo dos Namorados que termina nunha bonita fervenza. Así mesmo, pódense contemplar nos seus arredores, frondosos bosques salpicados de casas rurais, como a Casa da Administración ou o Pazo do Marqués de Sargadelos, que definen a súa paisaxe como rural e señorial.
Hai un problema con este bloque.

PORTAL DE TRANSPARENCIA

CERVO
O MUNDO DO MAR
O MUNDO DA INDUSTRIA
O LEGADO DA HISTORIA
O RIO XUNCO
PATRIMONIO RELIXIOSO
Ecomuseo - Terras de azul cobalto

Predicción Climatolóxica
Predicción do Tempo
Comune di Cervo (Italia)
Comune di Cervo (Italia)
Documentos
piccervo
Perfil do Contratante