Cambiar a idioma galego Cambiar a idioma español Cambiar a idioma italiano

Cervo

Taboleiro de anuncios

Calendario

Cervo empresarial

Zona industrial

Festas patronais

Festas gastronómicas

Ocio en Cervo

Imaxes do Concello

Teléfonos de interese

Medio ambente

Climatoloxía

Cómo chegar

Benvida do alcalde

Corporación e órganos de goberno

Servicios municipais

Descargas

Enlaces de interese

Información turística

Festas de interese

Aloxamentos

Comer en Cervo

Ónde comprar

Visitas turísticas

Turismo cultural

Transporte

Instalacións deportivas
PROGRAMA DE
COMPOSTAXE DOMÉSTICA
 
Medio ambiente
PROCEDEMENTO EXISTENTE DE RECOLLIDA DE RESIDUOS

RESIDUOS MUNICIPAIS: FRACCIÓN DE RESTOS E VOLUMINOSOS
A cantidade de Residuos Urbanos xerados no Concello de Cervo no ano 2002 ascendeu concretamente a 1.576,04 Toneladas, o cal supón, tendo en conta unha poboación de 5116 habitantes o día 1 de Xaneiro de 2003, unha media de 0,84 kg por habitante e día. Pódese dicir, como dato a resaltar, que a media de xeración de lixo nas cidades españolas encóntrase entre 1 e 2 kg por habitante e día.

A xestión da bolsa negra

Os servicios de recollida de Residuos Urbanos no Concello de Cervo lévaos a cabo o propio Concello. O camión de recollida dos contenedores onde se deposita o lixo en bolsa negra realiza á semana un total de 644 km de recorrido, repartidos cunha frecuencia de recollida de 1 vez ó día nos núcleos urbanos e dúas veces á semana en zona rural. Tamén debe destacarse que en San Cibrao (núcleo urbano máis importante do Concello de Cervo), na época estival e ó tratarse dun pobo caracterizado polo turismo, o Concello reforzou o seu servicio de recollida a dúas veces ó día en servicios hosteleiros, locais, etc. (pola mañá e pola tarde).
Das fraccións obtidas trala recollida selectiva dos residuos urbanos, a bolsa negra é a que contén os residuos que non poden ser reciclados por outros métodos e que son susceptibles de ser valorizados como opción preferible á súa eliminación ou vertido. De entre as opcións de valorización posible, SOGAMA opta pola valorización enerxética mediante a súa utilización como combustible para a obtención de enerxía eléctrica.

O proceso de valorización comeza coa recollida dos contenedores xenéricos destinados a acolle-los residuos non reciclables. Esta recollida é competencia municipal e, polo tanto, son os propios municipios os que se encargan de transportar estos residuos á Planta de Transferencia máis cercana, onde son trasvasados a contenedores de maior capacidade co obxecto de minimiza-los costes de transporte ata o Complexo Medioambiental de Cerceda.
Cando os residuos chegan ó Complexo Medioambiental de Cerceda, son descargados na Planta de Elaboración de Combustible, onde sofren un proceso de preparación antes da súa combustión, durante a cal se separan os materiais reciclables que foron depositados erróneamente no contenedor xenérico e que serán enviados ós recicladores correspondentes. Este proceso ten como obxecto homoxeneiza-lo poder calorífico dos residuos, o que permitirá ó forno de combustión funcionar en condicións de máximo rendemento, e elimina-los compoñentes non combustibles que poidan conter (area, terra, metais, etc.). Tralo proceso de preparación obtense un Combustible Derivado de Residuos (CDR) seco e estabilizado, que pode ser utilizado inmediatamente na Planta Termoeléctrica ou pode ser almacenado para a súa utilización posterior.

Número de contedores xenericos
O número total de contedores onde se deposita o lixo da bolsa negra ascende a 431, o que implica a existencia de 1 contedor por cada 12 habitantes. É destacable o baixo que é este valor, que o fai ser dificilmente superable. Os contedores están repartidos do seguinte xeito:
CONTEDORES
San Cibrao/Lieiro
82
23
39
Río Covo
12
0
6
Cervo/Sargadelos
27
14
10
Senra
3
3
7
Viladesuso/Espiñeirido
4
8
12
Rueta/Figueirido
8
8
6
San Román
2
3
23
Vilar
1
2
8
Rúa
2
9
42
Gondrás
6
1
12
Castelo
3
1
15
Trasbar
0
2
17
 
150
74
207

Fonte: Elaboración propia (Abril de 2002)
A xestión dos voluminosos

No que se refire ós voluminosos, non existe polo momento no Municipio de Cervo un punto limpio onde se poidan deposita-los residuos de orixe doméstico, tales como mobles, electrodomésticos, etc. Deste xeito, neste Concello disponse dun servicio de recollida de obxectos inservibles, que se realiza dúas veces ó mes (os segundos e cuartos xoves de cada mes, previo aviso ó Concello). É o mesmo Concello o encargado de transportalos, levándoos ó punto limpio de Burela, onde se encargan da súa xestión.

Volver a la Pantalla Anterior
Hai un problema con este bloque.

PORTAL DE TRANSPARENCIA

CERVO
O MUNDO DO MAR
O MUNDO DA INDUSTRIA
O LEGADO DA HISTORIA
O RIO XUNCO
PATRIMONIO RELIXIOSO
Ecomuseo - Terras de azul cobalto

Predicción Climatolóxica
Predicción do Tempo
Comune di Cervo (Italia)
Comune di Cervo (Italia)
Documentos
piccervo
Perfil do Contratante