Cambiar a idioma galego Cambiar a idioma español Cambiar a idioma italiano

Cervo

Taboleiro de anuncios

Calendario

Cervo empresarial

Zona industrial

Festas patronais

Festas gastronómicas

Ocio en Cervo

Imaxes do Concello

Teléfonos de interese

Medio ambente

Climatoloxía

Cómo chegar

Benvida do alcalde

Corporación e órganos de goberno

Servicios municipais

Descargas

Enlaces de interese

Información turística

Festas de interese

Aloxamentos

Comer en Cervo

Ónde comprar

Visitas turísticas

Turismo cultural

Transporte

Instalacións deportivas
PROGRAMA DE
COMPOSTAXE DOMÉSTICA
 

SAÚDO DO ALCALDE

En Cervo, sen dúbida algunha e por encima de calquera outra consideración ou circunstancia, o máis importante de todo son as persoas. Nativos e foráneos, residentes e turistas, todos xuntos somos o resultado dunha perfecta integración e dunha enriquecedora mestizaxe que, sobre todo, configura un auténtico modelo de tolerancia e convivencia en harmonía. Por todo isto, como Alcalde deste Concello aberto, universal e cada día máis próximo ó cidadán, supón para min un motivo de orgullo e unha profunda satisfacción poder dar a benvida a todos aqueles que se achegan á nosa web.

Somos conscientes de que Internet é unha importante e nova ferramenta de comunicación que nos está a brindar o mundo actual e somos, tamén, conscientes de que o coñecemento sempre xera confianza. Debemos aproveitar ó máximo esta embaixada electrónica e empregala como medio de interrelación entre Cervo e o mundo, e viceversa, pois é capaz de situarnos ó mesmo tempo na punta de lanza do camiño cara a administración electrónica, ofrecendo cada día máis e mellores servicios ós nosos concidadáns e convertendo este medio nun auténtico espacio útil e dinámico no que todos os cervenses teñamos cabida e un punto de encontro.

Así pois, a través desta web municipal, queremos mostrar ó mundo o mellor de nós mesmos e da nosa realidade como pobo; xa que, sen dúbida algunha, o Concello de Cervo conxuga e sintetiza á perfección aspectos tan variados e importantes como historia, tradición, modernidade, cultura, progreso, dinamismo industrial, festas populares de interese turístico, gastronomía, servicios, ... En definitiva, calidade de vida para os nosos veciños e todo un mundo de posibilidades do que nos sentimos verdadeiramente orgullosos e desexosos de poder ofrecer e compartir con todos aqueles que se decidan a visitarnos.

Alfonso Villares Bermúdez
Alcalde de Cervo

Hai un problema con este bloque.

PORTAL DE TRANSPARENCIA

CERVO
O MUNDO DO MAR
O MUNDO DA INDUSTRIA
O LEGADO DA HISTORIA
O RIO XUNCO
PATRIMONIO RELIXIOSO
Ecomuseo - Terras de azul cobalto

Predicción Climatolóxica
Predicción do Tempo
Comune di Cervo (Italia)
Comune di Cervo (Italia)
Documentos
piccervo
Perfil do Contratante